Un Año más
Chegadas xa a estas datas onde todo e Amor, Paz e bos desexos para o novo ano ( case todo apariencia), gustaríame reflexionar sobre acontecementos que xa quedan esquecidos no recordo, pero que non deixan de ser parte da nosa vida.
María da Torre " A FATIMA" 18 de Xaneiro, Estrella "Sogra do XI" 26 de Xaneiro, Maria " Muller do yu-yu" 13 de Febreiro, German "Irman do Jose do Bar" 14 de febreiro, Mercedes Camino " Mercediñas" 16 de Abril, Maria Colmenero ferrón "A Argentina" 1 de Maio, Felicia Ferrón " 15 de Novembro". Todos coñecidos e veciños do noso pobo que nos deixaron para sempre neste ano 2009. Cabe recordar tamén o Pai do Felipe “ O Portugués” o xenro do Julián.
Non todo son malas novas, así pois tamén o ano estivo cheo de bos momentos, como son os casamentos consumados e por consumar. Modesto” neto do Leche” casa o 18 de Xullo con unha Bilbaína de raíces Galegas “ Patricia”. Manuel Paz “ O PETETE”, igualmente o día 19 de Setembro casa con Jenny, tamén Bilbaína e sangue Galega. Marcos González” fillo do Ángel(O CHITA) e Mª José, casa con unha pura sangue Galega, Rosy. Efectivamente dixen consumados e por consumar, porque se a cousa vai pa diante ( esperemos que sí) J.B ( José Benito) fillo do Nonito e neto do Becas, casarase o 19 de Decembro con Marta.
O ano que ben a cousa pinta parecida, aínda que non hai nada oficial,pero parece que uns quentan os outros. O que si esta claro e que algúns dos casados e por casar xa esperan retoños.
Recordamos momentos socio-políticos reivindicando un local social-velatorio, así como a rehabilitación da caseta do campo da festa no que estivo presente a T.V.G o día 25 de Xuño e no que estivemos representados por Manuel Morales, con toda certeza o" CHICO PLAYBOY"de Abavides neste 2009, non sólo por todo o tinglado montado con relación o local-social, T.V.G., Alcalde…. Etc. Senón tamén o gran reto de ser da comisión de festas deste ano que xa está nos seus últimos suspiros,xunto con Felipe e Fina, un camiño nada doado, cheo de baches, pero que o final tén a súa reconpensa, e que seguro quedará no recordo de moitos veciños e non veciños. “ FESTAS 2009”.
Agradecer de paso as vosas visitas a páxina, aínda que tamén me gustaría agradecer a vosa colaboración, pero non pode ser así,porque visitas, habelas hailas,pero colaboración moi pouca, por non decir nada. Se queremos que esta páxina non morra e siga viva, non podemos ser sólo meros espectadores e esperar que unha soa persona faga todo. A páxina e un medio de comunicación pa todos nos, digamos un LOCAL SOCIAL on-line, o que debemos aportar, ideas, noticias, comentarios… sempre dentro do respeto e educación hacia os demais.
Así pois esperemos que este ano 2010 sexa mais participativo, en canto a páxina se refire. Por iso dende aquí seguiremos informando, facendo fotos e videos de eventos relacionados co noso pobo, creando ideas, e por suposto colaborando coas persoas que coma Manuel Morales emprenden accións tan dignas de ter en conta polos veciños de abavides.
E referíndome á participación, quero destacar neste tempo que como dixen todo son boas palabras, un texto enviado por un veciño do noso pobo:
"He aprendido....que nadie es perfecto hasta que no te enamoras. He aprendido que....la vida es dura pero yo lo soy más!! He aprendido que....las oportunidades no se pierden nunca, las que tu dejas marchar...las aprovecha otro. He aprendido que....cuando siembras rencor y amargura la felicidad se va a otra parte. He aprendido...que necesitaría usar siempre palabras buenas... porque mañana quizás se tienen que tragar. He aprendido...que una sonrisa es un modo económico para mejorar tu aspecto. He aprendido...que no puedo elegir cómo me siento... pero siempre puedo hacer algo. He aprendido que....cuando tu hijo recién nacido tiene tu dedo en su puñito... te tiene enganchado a la vida. He aprendido que...todos quieren vivir en la cima de la montaña... pero toda la felicidad pasa mientras la escalas. He aprendido que...se necesita gozar del viaje y no pensar sólo en la meta. He aprendido que...es mejor dar consejos sólo en dos circunstancias... cuando son pedidos y cuando de ello depende la vida. He aprendido que...cuanto menos tiempo derrocho... más cosas hago."