Colabora se queres. A idea e non esquecer nomes propios do noso pobo, Nomes de sitios, xente etc...
Abavides. -Dicese do pobo da Provincia de ourense e Concello de Trasmiras, a uns 4 km de Xinzo de Limia
A Costa.- Zona montañosa e pedregosa chea de xestas apegada o pobo. Moi visitada polos cazadores, xa que o sitio e un habitat ideal para os coellos.
A Mina.- Especie de socabón fondo metido nuhas poulas entre Lamelas e Rivas. Usabase para votar os animais mortos.
A dos piollos. - Familia que vive na Fonte da trapa, A Rosita do Gumersindo(que en paz descanse),e Manuela.
Amieiral. - Dicese duns prados que estaban marxeando coas nichas de Zos e que no brao usaban os veciños dos dous pobos para ir coas vacas no brao.
As Devesas.- Terreo comunal arcilloso situado entre Lamelas,Rivas e Couso.
Amarguras.- Zona limitrofe coa Veiga de Pardieiros e Couso. Antiguamente existia un muiño, pois o rio dividia esta zona de Couso.
Alpeidin.- Barrio de abaixo do pobo pegado o outeiro, onde existe unha das catro fonte que hai no pobo.
A Torre.- O barrio mais alto do pobo, O seu nome ten relación coa torre de Pena sen estar moi esclarecida esta relación.
Barreiros.- Camiño fondo cheo de pedras e bulleiro cuberto de árbores e sombra. Era o camiño principal para tractores e xugadas de Vacas para levar e traer as carradas de todo tipo.Escomenzaba xusto onde esta hoxe o campo da festa.
Boleiro .- Nome propio "Toñito"Veciño de Abavides, facendo esquina coa Trapa e a Fonte da trapa, o cal lle veu o nome polo seu pai Manolo.
Cacabelo .- Barrio dabaixo do pobo pegado a alpeidin. Unha das saidas do pobo para a veiga.
Campo de Mouro .- Antigos prados situaiados entre Fontelas e o Dornallo.
Cantarrás .- Pequeno humedal do noso pobo situado a veira do Puntón e o comenzo do Dornallo. No inverno estaba cuberto de auga debido os pozos a a poza que tiña preto.
Dornallo .- Masa comunal de grandes dimensions. No inverno cuberta de auga, o cal a facia no bran unha dos únicos sitios para levar as vacas a pacer herba fresca, e de paso desfrutar coma enanos, tanto veciños coma visitantes.