Pobre Trasmiras 

                                                                 José Elías Paz

Nun artigo anterior -a comezos do verán- puña eu a sorte do concello de Trasmiras nas mans do Destino para que, en cuestións aeronáuticas de moita altura, fose el quen decidise a mellor saída para os nosos intereses. Durante un tempo, pobre iluso de min, déuseme por maxinar ese novo mundo no que se convertería o noso concello. Representándoseme en primeiro lugar, con todo o realismo, o que puidera entenderse como teatro de operacións, un polígono de máis de mil hectáreas, comprendido entre as localidades de Viladerrei, Trasmiras, Lobaces, Pardieiros, Abavides, Vilaseca, Escornabois e Rabal. Explanada inmensa con varias pistas de aterraxe e despegue, un heliporto de gran capacidade, ramplas de lanzamento de misiles, hangares, talleres de fabricación e montaxe, torres de control, pavillón de mando, ... Fóra do polígono, aínda que cerca, edificacións de todo tipo: centro de altos estudos aeronáuticos, escola de enxeneiros, escola de pilotos de heli cópteros, observatorio astronómico. Abundancia de hoteis de luxo, restaurantes de moito prezo, discotecas, pubs. Chalés de construción avanzada, áreas deportivas, lugares para o esparexemento, para a cultura, e para o encontro social. Grandes almacéns, hipermercados, tendas de moda. E no lugar de máis privilexio, moi preto da capela do Castelo, un museo etnolóxico con reliquias da zona para dar testemuña do noso pasado de miserias, agora felizmente superado.

O anterior, en terra. Porque no aire, unha nube de helicópteros e avións dispúñanse a enfilar as distintas rutas para cumprir cada cal coa súa misión, ou esperaban pista libre para realizar o aterraxe. De cando en vez, escuadrillas de avións de caza encargados da defensa aérea do aeroporto, cruzaban polos aires en ruído atronador que, lonxe de molestar, parecía deixar a todos confortados pola seguridade que daba a súa presenza. Na miña ignorancia, non acababa de explicarme cómo nesa aparente confusión de enxeños voadores non se producía ningún choque entre eles. Misterios da técnica. Misterios Estas eran as miñas figuracións diarias. Ata que vai uns días lin unha noticia que me deixou derrubado. Cal era que Alemaña, socio necesario, se retiraba do PEFAT (Proxecto Europeo de Fabricación de Avións non Tripulados). E todo se me veu abaixo. E a expresión ¡Pobre Trasmiras pobre concello de Trasmiras¡ volvía recuperar o sentido que sempre tivera ao falar do seu pasado, do seu presente e do seu futuro. Un pasado de penurias, emigración e abandono. Un presente de xente vella, de soidade e tristeza. E un futuro de casas valeiras, desolación xeral e silencio de morte.

     

  

 
 


     


        


Ver mapa más grande



     

www.coronapaz.com

www.jeronimoperez.com

Casa Pelé

Blog Abavides

ABAVIDES, VERTEDOIRO MUNICIPAL

Aparece " O TRANCAS"

e " O LAMBECÚS"

Escote de 10 euros pa comprar sillas.

O Local Social en poder dos que no seu día fóron en contra.

Resistencia Galega planeaba atentar el día 6 de diciembre.

Una Joven vecina de Trásmiras, Jéssica Rodríguez Rodríguez involucrada.

 Un basauritarra de cinco estrellas

Cerveceria Bar " Los Malditos"

Fai 11 anos...

Novas entradas no libro de Visitas

Novas entradas no blog

             



                Velocidade e alcohol

                     Jose Elias Paz.

Se daquelas alguén aventurase que, co tempo, unha viaxe en coche de Ourense a Madrid podería facerse en menos de catro horas; ou en pouco máis de dúas horas, 'en trens que irán coma balas'. Se ese mesmo asegurase que algún día poderíamos viaxar de Ourense a Viladerrei en 25 minutos. O individuo que tal dixese, sería tachado de tolo, ignorante ou trangalleiro.

Eran anos, aqueles, nos que o coche de liña empregaba tres horas en completar un percorrido de cincuenta quilómetros, que é a distancia que separa a Ourense de Viladerrei. Uns coches que malamente se movían en terreo chairo, e derreaban ó subir as costas. Por máis que os pasaxeiros tratasen de animar ó chofer coa canción de moda, 'Acelere, acelere, acelere. Acelere señor condutor'. E por máis que el puxese o maior empeño en seguir ó pé da letra a recomendación que facía o propio cantar, 'Para ser condutor de primera de segunda de tercera, hace falta ser buen bebedor'. Empeño, o que se di empeño, claro que había.

Nos tempos de agora, ninguén acabaría de entender que ao chegar a Tabodela (saíndo de Ourense), chofer e revisor se visen na necesidade de baixar do coche para tomar uns vasos de viño (ou de licor café). Pero á xente, daquela, parecíalle algo natural. Como natural lle parecía que en Allariz, a segunda parada, o tempo de descanso fose maior, o que lles permitía aos pasaxeiros apearse do coche para mercar 'ricos melindres' , e ó revisor e ó chofer tomar os seus viños dun modo máis vagaroso. Despois de Allariz, viña Piñeira, cumpríndose alí a terceira parada, e coa parada, os vasos de viño de ritual por parte de chofer e revisor. E o mesmo se repetiría en Sandías. Logo, viña Xinzo, cun descanso algo máis longo como correspondía á capital do Limia. O que lles daba tempo a chofer e revisor a tomar, xunto cos correspondentes vasos de viño, os primeiros pinchos do día. Seguía Abavides, e logo, Trasmiras. Tanto nun sitio como no outro, chofer e revisor limitábanse a tomar vasos de viño, reservando o dos tacos de tortilla para a seguinte parada, Viladerrei, onde, cuns cantos colegas do pobo xogarían ao chinchimonis as consumicións. (Alguén chegou a comentar que, ás veces, en lugar de chinchimonis, xogaban as consumicións á brisca. Pero isto no o teño suficientemente acreditado, e por iso o digo con todas as reservas).

Ó acabar, reemprendían a marcha cara a Verín.